Oda á Astroloxía

Cabalgas ás carranchas, no templo de Xúpiter,

¡Se Saturno te vise...!

disfrutas de Marte,

contemplas a Lúa

tóstaste ao Sol,

e comes a Venus... cos ollos.

Mercurio cóntache ese conto,

todo nel é parolada...

apértanse os Nodos... siempre a recú,

acaricíate nos soños o lene Neptuno,

variable e lixeiro o exaltado Urano,

que corre ao rescate dalgún ser humano

Plutón desde o Hades berra con paixón,

¡Ínchanse suspiros dun acordeón...!

O ceo estrelecido con milleiros delas,

as fixas, famosas, milenarias e tenras...

os cometas, casas, rexencias e exaltacións

cantan todos a coro... semellan lexións.

Fálanos o ceo, cántanos, báilanos,

e nós ausentes sen mirar sequera.

Hei vivir mil anos para espremerche un coñecemento

tan extenso e delicado,

intérprete hei ser eu dos teus arredores,

contemplareite na banda do Zodíaco

e por constelacións hei navegar,

pois todo se move, e eu tamén o fago.

¡Encántame esta ciencia da Astroloxía!

¡Que sabia, que pura, marabilla miña!

Apréndote, e empréndote, por puro goce,

enxergarte quero, dende a ventura,

hei ser aventureira e súbdita túa.

¡O ceo está vivo!,

berrareilles a todos os que queiran oílo,

aqueles que non crean, ¡apartádevos, digo!

pois defenderei os meus principios ata o sacrificio,

outros antes ca min xa deron a súa vida…

Eu seguirei atenta a cada paso…

Precísase un gardián,

que axexe con esmero,

para seguir pola loita da nosa cultura.

E ollar o ceo, o reloxo solar e o segundeiro lunar,

coas súas fases e percorridos en tódolos graos,

ollarei os xenios, as esferas, tránsitos e revolucións,

deixando o mellor herdo de pasado rescatado,

e as novas mentes terán mellor marco,

para descifrar...

esta ciencia Hermética da antigüidade.

Trad. Manuel Figueiras Profesor de Lingua e Literatura Galega